Aragón Sat
Aragón Sat | |
---|---|
Inicio das emisións | Maio de 2007 |
Fin das emisións | 31 de marzo de 2010 |
Propiedade de | CARTV |
Formato da imaxe | 4:3, 16:9 |
País | España |
Lingua | Castelán |
Área de emisión | Aragón |
Substituído por | Aragón TV Internacional |
Canle/s irmá(s) | Aragón TV Aragón 2 HD Aragón TV Internacional |
Na rede
| |
www.aragontelevision.es |
Aragón Sat foi entre 2007 e 2010 a canle internacional de Televisión Autonómica de Aragón, S.A., que pertence ao ente público Corporación Aragonesa de Radio y Televisión.
Historia
[editar | editar a fonte]A canle naceu co obxectivo de achegar a televisión autonómica aos aragoneses residentes no exterior (tanto en España como en Europa), así como o de difundir e mostrar ao resto do continente a cultura, tradición e patrimonio da comunidade autónoma. Aragón SAT foi o escaparate perfecto para dar a coñecer todo o relativo á Exposición Internacional de Zaragoza de 2008, evento que contou cun despregamento sen precedentes por parte da cadea.
A grella da canle estaba composta polos contidos de produción propia da canle matriza, Aragón TV. En xullo de 2009, do mesmo xeito que a súa canle irmá, a cadea migrou a súa continuidade ao formato 16:9.
Tras case tres anos de emisión a través de Astra e Hispasat, a mediados de marzo de 2010 a Corporación Aragonesa de Radio y Televisión anunciou que a finais de mes Aragón SAT cesaría as súas emisións en ambos os satélites, apostando desde entón polas emisións a través de Internet. A emisión dos contidos de Aragón TV para residentes no exterior quedou dispoñible desde ese instante vía Internet a través da web da cadea, ofrecendo esta unicamente os espazos de produción propia e inserindo un bucle cando se atopaban en emisión contidos con dereitos só dispoñibles para Aragón.
O 8 de setembro de 2015, froito do acordo alcanzado con Movistar+, os contidos de Aragón TV volvían estar de novo dispoñibles a través do satélite e formando parte da oferta de canles autonómicas de Movistar+ (dial 155). A nova versión foi rebautizada como Aragón TV Internacional.